Quen Somos

Somos un equipo multidisciplinar, coñécenos.

Móvenos o facer marketing e comunicación


Somos un estudio que creamos solucións que melloran a comunicación dos nosos clientes mediante a publicidade, o deseño gráfico, o deseño web, o marketing online e o posicionamiento web. Melloramos a comunicación visual da túa empresa por medio do deseño gráfico (logotipos, identidade corporativa, carteleria..), desenvolvendo unha páxina web ou tenda online autoxestionables, ou a través de estratexias de Social Media e posicionamiento web.

EQUIPO


img_fcg

Fran Cornide

Deseñador gráfico, creativo e webdesigner. Piloto e Operador de Drons.

Técnico Superior en Xestión Comercial e Marketing, traballou no Departamento de Marketing do grupo lucense “Ingapan”, desenvolvendo a publicidade gráfica das súas franquicias “Don León”, “Dona Vaniri” e da marca “Kentes” do mesmo grupo. Posteriormente traballou en “FM Publicidade e Comunicación”, tamén como deseñador gráfico para o xornal comarcal “TerraCha.Xa”. A súa natureza curiosa e a súa ambición por medrar profesionalmente, levárono ademáis a formarse como deseñador web e como piloto de drons no Real Aereoclube de Lugo. Aparte do deseño web e gráfico que exerce baixo a creación da súa marca, é profesor do Workshop de vídeo 4k con Drones de ACME Galicia (Centro de formación especializado en Comunicación e Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela) e colaborador na organización do TEDx Monoñedo.

img_mbh

Miriam Basanta

Especialista en Marketing Dixital, SEM Optimizer. Wedding Planner.

Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Durante os últimos 7 anos traballou como optimizadora SEM Senior nunha empresa de marketing online recoñecida internacionalmente. Está detrás de “Nauuna”, axencia enfocada a pymes que desexen “facer ruido” no mundo online, ofrecendo, ademáis de posicionamento de pago nos buscadores, servicios relacionados co Social Media (xestión de blogs, publicidade en redes sociales…). Ademáis, formouse como ‘Wedding Planner’ cos mellores profesionais deste país e xa ten a súa propia empresa de organización de vodas, “Atelier de Yaiza”.