Social Media

Xestionamos por ti as túas redes sociais e creamos contido para o teu blog.

Axudámosche a construír, desenvolver, dinamizar e xestionar unha comunidade online de usuarios nas principais redes sociais.

REDES SOCIAIS

Os clientes cada vez empregan máis internet para interactuar coas marcas e informarse antes de realizar compras. Deixa nas nosas mans as Redes Sociais da túa empresa, xestionarémolas en base ás necesidades do teu negocio. Encargarémonos de conectar co teu target para conseguir os obxectivos que a túa marca precise.

  • A rede de redes. Unha comunidade na que non podes faltar.
  • A rede da comunicación instantánea coa túa clientela.
  • A mellor rede para localizar o teu negocio.
  • A rede para a imaxe do teu negocio.
  • Ideal para extender a túa rede de contactos profesionais.

CONTIDO PARA O BLOG

Crearemos artigos específicos para o blog da túa empresa. Neles presentaremos os productos ou servicios da túa empresa para que obteñan maior reputación online e falaremos das últimas tendencias e novidades relacionadas co sector da túa empresa. Pactaremos un número de publicacións semanais según necesidades. Deste xeito, axudarémosche a:

  • Atraer e fidelizar clientes a través dos medios sociais e do blog.
  • Facer máis visible e atractiva a marca de cara ó teu público obxectivo.
  • Organizar a difusión do contido dos teus productos e servicios nas principais canles sociais da empresa.