Autor -FRAN CORNIDE Diseño Gráfico & Web

¿Cal é a mellor rede social para a miña empresa?

As redes sociais tomaron o control de internet dende fai un tempo, e escoller a que mellor se axuste ás necesidades da túa empresa non é tarea doada. Deberás ter en conta que esta é unha decisión fundamental da estratexia de marketing dixital do teu negocio. (máis…)

Vantaxes de ter unha Web con Xestores de Contido (CMS)

Antes de explicar as vantaxes que supón ter unha Web con CMS imos explicar que é un Xestor de Contidos, Content Management System.

Un Sistema de Xestión de Contidos é un programa informático que permite crear unha estructura de soporte para a creación e administración de contidos en páxinas web por parte dos (máis…)

¿Por que ter unha web adaptada a dispositivos móbiles é importante?

Hoxe en día en España os móbiles son indispensables na vida diaria chegando a transformar o comportamento do consumidor. Non só se utilizan como ferramenta para comunicarse, utilízanse para manterse informado, entreterse e mercar. Un 80% dos usuarios de móbiles no noso país usan smartphones e úsanos a diario para buscar empresas locais, para planificar actividades e para realizar compras. (máis…)

¿Por que debo ter unha páxina web para o meu negocio?

Oito motivos polos que ter unha web.

Visibilidade na rede.

Este é o primeiro motivo para crear unha web. Internet é unha porta aberta 24h ó día para o teu target.  Pensa que unha actitude normal ó escoitarmos falar dun negocio polo cal nos interesamos, o primeiro é buscala súa web, se non a atopamos empezamos a xerar desconfianza. Por outro lado é unha plataforma de contacto permanente, se necesitan contactar contigo e non atopan o teu número de teléfono ou o teu email, podes haber perdido unha venta. (máis…)

¿Por que é tan importante a identidade corporativa para a túa empresa?

Antes de nada, e por se isto che soa un pouco a chino, explicámosche que é a identidade corporativa. Esta é a manifestación física da marca, fai referencia ós aspectos visuais da identidade dunha empresa ou organización. Inclúe o logotipo e elementos de soporte, xeralmente coordinados por un grupo de liñas mestras que se recollen nun documento chamado  Manual Corporativo. (máis…)

Investir en Marketing Dixital: as campañas de SEM.

O SEM (Search Engine Marketing) é un produto de marketing online (internet) cuxo obxectivo é promocionar un negocio en buscadores.

É unha forma de publicidade en páxinas de busca (Google, Bing) ou de contido (por exemplo, un diario dixital que teña reservado un espazo para a publicidade de Google) que lle permitirá ó teu negocio atraer clientes de calidade (traducido a: visitas á túa web, visitas á túa tenda física, chamadas de teléfono á túa empresa…) dunha forma rápida e efectiva. (máis…)

Nova Páxina Web de FRAN CORNIDE Deseño Gráfico&Web

Despois dun tempiño traballando nelo, hoxe poñemos en marcha a nosa nova páxina web.

O motivo do cambio atopa a súa razón no noso interese porque os nosos usuarios teñan a mellor experiencia de navegación posible. A pesares de que a anterior versión web xa contaba cun deseño responsivo (non entendemos ningún proxecto web que non estea adaptado a tódolos dispositivos), a ampliación da nosa carta de servizos facía necesaria unha modificación da estrutura da páxina.

Aproveitando a ocasión, creamos unha versión bilingüe (opción de visualización en galego ou castelán) e apostamos por enfocar o deseño da web cara unha liña máis visual: slideshow na Home, iconas ó longo de todo o site…

¡Agardamos que vos guste este cambio e que desfrutedes do voso paso por aquí!