Auditoria Web

Auditoría Web

Consigue máis visitas solucionando erros da túa web.

Descubre que non funciona na túa web e como podes solucionalo

Mellora o SEO* (posicionamento orgánico) nos buscadores coas recomendacións personalizadas que che daremos

Identificámola túa competencia e decímosche o que está a facer para posicionarse por riba de ti

¿Como facemos a auditoría da túa web?

Análise técnico


En primeiro lugar miraremos se a túa web é accesible ós buscadores e comprobaremos que estea a ser indexada correctamente. Seguidamente analizaremos o teu sitemap, comprobaremos que existe e que é correcto, e que non se presentan erros de contido nin estructura.

Análise SEO*


En segundo lugar analizaremos todos os contidos da web, buscando as palabras clave do teu negocio por as cales posicionarte nos buscadores. Analizaremos as meta tags, os backlinks, imaxes, vídeos…todo coa única finalidade de mellorar a túa posición natural.

Análise da competencia


En terceiro e último lugar analizaremos os teus competidores, quenes son, que estratexías están a seguir para posicionarse nos buscadores (SEO, SEM) e cales son os seus puntos débiles que poderías atacar para superalos.

Se queres unha análise personalizada ponte en contacto con nós, farémosche un informe adaptado ás necesidades da túa web e da túa empresa.

Explicámosche que é o SEO (Search Engine Optimization) por se non o tes claro.


(*) SEO é o posicionamiento natural ou orgánico en buscadores. É decir, é o proceso polo cal se realizan cambios na estrutura e na información dunha páxina web, estudando as palabras claves do teu negocio, co obxectivo de mellorar a visibilidade do teu sitio web nos resultados orgánicos dos distintos buscadores (Google, Bing, Yahoo…), para así conseguir posicionar a túa páxina por encima da túa competencia máis directa.

A maior parte do tráfico web é conducido polos principais buscadores comerciais: Google, Bing e Yahoo. Os motores de busca non poderán atopar o teu sitio web ou engadir (indexar) o contido da túa web para os seus bancos de datos se a túa web non está optimizada. Mellorando o SEO conseguirás atraer tráfico de calidade, mellorarás a túa posición na busca órganica superando á túa competencia e conseguirás máis visitas, por tanto máis oportunidades de negocio.