Marketing Online

NO LUGAR INDICADO, NO MOMENTO XUSTO

PUBLICIDADE DIXITAL


Creamos, xestionamos e optimizamos campañas de publicidade dixital en Google Adwords, Bing Ads ou Facebook Ads. Contamos con anos de experiencia utilizando e xestionando campañas neste entorno que dominamos e onde se poden acadar grandes resultados.

Se queres conseguir visibilidade, ou promocionar unha campaña de lanzamento dun novo servizo ou dun novo producto, ou simplemente para xerar unha imaxe de marca determinada impactando a un target concreto, estás no lugar correcto.

Proba a publicidade PPC (Pay Per Click) e desfruta das súas vantaxes

Paga únicamente polos resultados. É dicir, só pagas cando alguén fai clic no teu anuncio.

Anúnciate de forma local ou global. Segmenta os teus anuncios por clientes de cidades, rexións ou países concretos, ou dentro dun radio específico que ti decidas.

Invirte a cantidade que consideres oportuna. Ti decides a cantidade que queres invertir. Empeza co orzamento diario que che conveña; poderás axustalo sempre que queiras.

Recibe informes periódicos. A medición dos resultados e a consulta destes en calqueira momento do día que ti o queiras.

¿POR QUE DEBERIAS ELIXIRNOS?


  • Pola nosa dilatada experiencia no sector, adquirida en empresas de marketing de recoñecemento internacional.
  • Porque contamos cunha certificación expedida por Google, que avala os nosos coñecementos.
  • Porque xestionamos campañas de naturezas moi variadas: de ámbito nacional e internacional -LATAM, EEUU, UK…; de diversos sectores: educación, moda, retail, hostelería, restauración…; con diferentes obxetivos: orientadas a vendas, a lead, a Branding…
  • Porque traballamos en base ás necesidades do teu negocio, desenvolvendo estratexias efectivas de marketing orientadas a alcanzar os teus KPIs. Empatizamos cos nosos clientes. Comprometémonos ó máximo.
  • Pola nosa discreción e sentido da responsabilidade. En todo momento somos conscientes da rigurosidade que esixe o noso traballo, non deixando, por elo, de mantener un trato próximo cos nosos clientes.
  • Porque non che esiximos unha permanencia. Ainda que che advertimos que, para tomar decisións, é convinte que as campañas estén activas entre 1 e 3 meses en AdWords ou Bing Ads.

OFRECÉMOSCHE ESTES PACKS


CONSULTORÍA SEM

Este paquete está pensado para aqueles que xa se anuncian en AdWords ou Bing Ads e desexan que un profesional analice o estado das súas campañas co obxectivo de rentabilizar ó máximo a súa inversión.

Encargarémonos de estudiar a evolución das diferentes métricas e dimensións ó largo do tempo, para descubrir posibles debilidades na conta e presentarche un plan de mellora con recomendacións.

Se contratas este pack, eres libre de aplicar pola túa conta os cambios suxeridos nas tuás campañas ou, se o prefires, confiar en nós esa tarea.

XESTIÓN

Se escoitaches falar das campañas de pago por clic e queres probalas, pero non sabes por onde empezar, este é o teu paquete. Está especialmente enfocado a quen quere comezar a anunciarse en buscadores ou contido e nunca tiveron contacto con este mundo.

Aproximámonos á realidade do anunciante a través da confección dun exhaustivo briefing. Posteriormente, nós creamos e lanzamos as campañas, as cales serán optimizadas regularmente, sendo este último paso un proceso vivo.

OPTIMIZACIÓN

Este paquete inclúe o mesmo que o pack de xestión, coa salvedade de que as campañas xa foron creadas e nós iniciamos a nosa labor directamente coas tareas de optimización e reporting.

CREACIÓN

Está orientado a clientes que desexen comezar a publicitarse en AdWords e/ou Bing Ads pero solo requiran de nós a creación das campañas. O proceso de optimización, sería unha labor que levaría a cabo o cliente.

Nós, neste caso, xeramos a estructura de campañas e a implementación en AdWords ou Bing Ads.

CAMPAÑAS EN FACEBOOK ADS

Facebook Ads é o sistema publicitario de Facebook, a rede das redes, co cal podes promocionar dende o teu perfil corporativo de Facebook á túa tenda online e pagar únicamente polos resultados.

¿Que vantaxes che proporciona Facebook Ads?

  • Unha segmentación moi detallada e axustar os teus anuncios ó teu cliente ideal (por xeografía, intereses, idades…)
  • Expansión rápida dos anuncios, xa que Facebook permite as recomendacións entre os amigos dos fans da súa páxina.
  • Só pagarás polos resultados.
  • Poderás interactuar cos usarios mediante xogos, concursos ou enquisas.
  • Poderás medir os resultados obtidos grazas aos informes detallados.